lunes, 28 de mayo de 2012

Funme


                    Reflexión               .  O presente e futuro, pasado… 

Quixera  (...)

libérame da cárcere-

                   ensíname a realidade, máis alá de todos os sorrisos e as cadeas  eléva(me)nos

                                    por riba da tecida e mugrenta rede que forxamos para vivir nas tebras- 

Os camiños da liberación e do coñecemento non os pode concorrer un só home ou muller. 

                       podemos ser granito, chan.

   Alternativa                         

para: a especie química, físca, biolóxica, (irreal) o que for... 

-sentimentos tan opostos.- 

É ruín mais é a fermosura da destrucción, pouquiño a pouco. Paseniñamente. 

jueves, 24 de mayo de 2012

O viaxeiro, continuará.



Nas últimas vaguedades dun viaxeiro escoita os remorsos de todos os camiños que recorreu, os cantos dos paxaros, as escombreras derrumbando unha casa que se atopaba no medio dunha futura autovía, os choros de familias desahuciadas, o son dun regato que remata nun río e este nun encoro, o mar fero batendo contra as rochas, e algún que outro muíño de vento que lle achega electricidade as familias da capital. O viaxeiro non ficaba no que pasaba, tiña lido nos xornais que era necesario, era a crise. Polo que lía nos xornais as cousas ían moi mal, a culpa… A culpa non sabía ben de quen era, mais non poñía en dúbida que todos os recortes eran necesarios polo ben da propia xente á que se lle recortaba. Aínda así doíalle ver a xente que botaban á rúa, así e todo – pensaba- non creo que estas familias teñan a culpa. O da autovía xa é outro caso, iso é bon para todos, é progreso –dixolle aos veciños da aldea onde estaban a derrubar a casa-. Os veciños, que non eran parvos ( a pesar de ser dunha aldea, do monte, lonxe, moi lonxe da “civilización”) dinlle: Esas terras, velas? Eran nosas, onde nos as traballamos para sobrevivir, aquí temos unha panadería a onde todos lle levamos a fariña para que nos fagha o pan, temos unha carnicería onde todos lle levamos carne, temos o noso ultramarinos onde deixamos cada un o que poidamos e o rapaz que está a estudar na capital, axúdanos con algún que outro producto que aquí non podemos fabricar. Agora, onde van pastar as nosas vacas?, de onde van sair os nosos cultivos?. De aquí en 5 anos esta aldea pasará á memoria dos vellos que quedemos. E para que? para que teñas máis facilidade chegar a unha multinacional dunha vila a outra?. Para que se fabriquen máis coches e toda a contaminación que consigo leva?. O viaxeiro non soupo que dicir, máis saben os vellos por sabios que por demos, non?.  O viaxeiro foi aprendendo co tempo, canto máis viaxaba menos xornais lía e máis poesía. Antes de ser viaxeiro, que non home, tiña unha vida cómoda e tranquila. Estudara unha enxeñería, é o que ten saída –lle dicían-. Agora é un viaxeiro que se preocupa pola historia, polos males do tempo. 

martes, 22 de mayo de 2012

Starway to heaven



Bate, o vento bate traéndome o teu sorriso magoado. Quen puidera collelo entre as maos para encaixalo, erguelo e voar até o outeiro dos paraísos bíblicos. E que ti quixeras que as miñas mans foran as que che ergueran. E ver nos teus ollos o mencer máis fermoso, e chegar a ver  neles a vida que eu descoñezo, e a realidade da que renego. Quen puidera. Mais  son outra páxina dun diario perdido. Unha fuga nos teus soños deitada nun leito viúvo, son o camiño perdido onde pastan as túas noites. Non son máis que o recordo que xa esqueceches. Gaivotas que van morrer mar adentro.

miércoles, 16 de mayo de 2012


Expiro o fume dos pulmóns entre as esperanzas das ialmas que morreron por medo a errar. Vexo que aí están prantadas en forma de arbre. Non hai  máis beleza, en ningunha decisión acertada, que  nas decisións que non se tomaron . Pasaches noites enteiras soñando  como podería ser que tomaras a decisión arriscada. Que lugar máis fermoso pode ser agás que sexa o que teño aquí diante?. Non, sen dúbida o é. É o lugar onde prantaches os soños, a raxeira asubia entre a seda que teceron as ramas por riba da túa cabeza manténdote seguro, batendo o son do sol na beira do río, camiño da túa vida, rematándoo nunha brillante fervenza de escuma branca da que beben as frores.  As arbres seguen dando follas cando te acordas do pasado, non deixas apartado lugar tan fermoso como este. Eu pasaba por aquí, dentro túa buscando coñecerte para poder percorrerte por fóra, estepa a estepa, outeiro a outeiro. A pel branca da túa neve enfriándome as maos cando che agarimo por diante e de costas ás paredes que tremen ficando os teus ollos e escoitando os teus xemidos. As sabas afogáronme nun mar que aínda non lle puxen nome mais ben sei que morrín porque quixen encherme de pedras e deixarme levar pola túa corrente. Despertei sen respirar.


Desculpade as faltas ortográficas. E dígocho como se o foras ler.

martes, 8 de mayo de 2012

Primeiro post.

Doce néboa escura que cala nos meus ósos
e non me deixa mover.
Navegando polos carreiros busco
quen me de o alento pra espertar desta longa vida.
O único candil que alumea o meu barco son as bágoas
que eu, derramo.
Son bágoas de outra vida, imaxes xa esquecidas.
Non sei quen son e non me lembro de que fun
mais sei que algo vivin e algo quixen,
algo ocultan estas bágoas que a min veñen
no solpor do día e mencer da noite.
Navego entre pantasmas, esperanzas que
ficaron senlleiras.
NAvegando non entendo quen é patrón nin
quen mariñeiro.
Non sei quen leva o timón.
Navego..?
Ou son unha gota máis da canle ...