lunes, 25 de junio de 2012

As comas, ninghién pensou nas comas.



Cuartos embriaghados para os camiñantes que fan camiño
paradas no camiño dos desalentos
camiños que camiñan os entes desgraciados
ou camiñantes que camiñan pola puta realidade.
Lugares agochados sen candeas que alumeen
nin poidan servirlle de vida inerte as sombras que oscurecen
lugares sen selo pero paradas que axudan
a darlle respiro aos labradores de camiños
camiñantes que sofren inxustizas a cotío
os entes que se fan patróns do seu navío.

A vida, a merda desta vida.

Conseghiremos ser, cando atopemos os lugares.

Os lugares onde nos topamos espidos
sen vernos ou tocarnos
vivirmos de impulsos, en cadea os eléctricos
cuartos enteiros, sen sermos humanos, impulsos das células
cando temos un orghasmo.




Lugares que queremos, che.

domingo, 17 de junio de 2012

Altas presións


Magoada escoito a noite por ver
 negra a túa sonrisa de beizos roxos sangrando
 vento que recolle bágoas dos teus ollos ateigados
soños que foron
día;
noite,
que foron truncados.


As veas de tinta e arterias tintadas
son Recordo, que te acompaña
despois de vivo, fixen túa miña homenaxe
cortei as veas e  derramei  as nosas imaxes.

Agora estou contigo nesta noite
a primeira.
Os mortos nin estrelas, nin almas somos
nin reinos temos, nin 70 vírxenes nos agardan
amor, o dos vivos, o teu.
Fannos inmortais, Recordo son e contigo vivo.




Molaría máis lelo cos ollos pechos.

domingo, 10 de junio de 2012

Axóuxere de estrelas


Néboa e vento no lonxano pensamento
de soños, fervenzas; de pesadelos, mares
solpores de vida na noite feitas sombras.

Mence o día mais non se escoita o silencio
tormentoso que asulaga cada carreiro
paso a paso, enfeitizado, camiño a camiño.

Os corazóns latexan polas bágoas derramadas
dos fillos dos tronos nas antigas marexadas
xa esquecidas, agochadas e apresadas.
As nubes voan salgadas, bébedas de auga doce
chove, chove…

Os paxaros bailaban o que as pedras lle cantaban
que máis saben por vellas…

O ar está cargado dos prantos das bolboretas
batendo coas ás nas ondas presas
enxugan as bágoas da noite,
tenebrosa, soa e triste
xa non ten estrelas que a admiren.

A néboa e o vento mantivéronnas agochadas
a luz e a esperanza, ficaron senlleiras e lonxanas.

viernes, 1 de junio de 2012

Mar


Íspete, busca un novo traxe


    fía na seda da noite,

 
       os meus ollos


 luz na noite,

 
       a lúa cega que fique.

Escoito
           
              cada nota do teu peito, 


(latexo)
    
           tic, tac

    como bailas as sombras.


Tormenta, remuíños no teu pelo


que máis dá a destrucción se arrecende

     a licor café.