sábado, 28 de julio de 2012

4:54



O tempo.
O tempo pasa
e destrúe
 a vivos e mortos. Nin é quen de escapar do seu propio paso.

 A vida non existe; cando a posúes se a conta atrás xa comezou?
Quen puidera parar o tempo e poder ter algo.

O tempo pasa e perdes .
 Momentos…
que cambian e agora (ou despois, ou antes, que sei eu, o tempo pasa, )
 son recordos:

Miradas que esvaran e se perden en espellos
e uns beizos  
buscando



camiño sobre  corpos espidos
camiño que comezan as mans…

Fundirse



E os recordos
están cheos de vida que o tempo
lle arrinca.
cicatrices 

martes, 10 de julio de 2012

Voces de tinta

Poema conxunto de @Unhavoz e @Eche_UnMisterio:



Liberdade de nove bágoas,
non podemos atopar
moitos homes e moitas esperanzas
perdéronse no seu cantar.
Inxustizas a cotío
tivemos que aghoantar
a nosa Terra, que non esquece,
algún día ten que loitar.
Moito nos quitaron,
e nos privaron de soñar,
pero esta xente, que non esquece
as súas esperanzas cumprido fin terán.


Medramos tentando acadar o ceo,
nesta terra virxe de bágoas de fel
cólleme da man, pra xuntos botar a ascender,
na memoria dos que un día xuraron vencer.
A esperanza nas rúas medra,
a loita reside nos brazos dos bos;
paseando polo mundo un corazón de pedra,
Decátate, non loitamos sós.

Chegados serán os menceres roxos
virán da man das noites en mármore esculpidas
aldraxes e inxustizas, cincel e martelo                                                              
 polas meixelas fluirán,
lapas do inferno.
As mas loitarán baldeiras de armas,
dos beizos encarnados fluirá  con xustiza 
a voz e a palabra.

E os brazos dos homes
frotarán por enriba das armas das bestas
que din nacer sendo persoas,
e morren coa alma feita dos cans comesta.
Farase despois, xustiza, inexistente concepto
depurada cal ventre de reloxo suízo
non a de agora, ¡xustiza! vaia...
de limpo principio ferido 
por mor do cobizo.