calquera pode coller unha palabra e dicila (DICILA)
calquera pode escribir (collós)
calquera pode pintarse un traxe
mirades
cos ollos iluminados polo efecto secundario da vaselina
e o latex en simbiose
fachenda, ollo, do cu, agora “rojo” (Marx Vive no teu ano "galleguista" de Madrid)
ao fin
eles engraxan o
funcionamento,
digo,
o non funcionamento dunha máquina
que cheira a jomina e colonia e vaselina e latex queimado
e
seguen falando
e dalle
e veña
non se lle derreteran as linguas nunca, non
non se lle revoltaran as palabras en forma de metralla
grafitis en todas
as paredes
par e impar dá ijual
as ensimino e branqueo
as pintadas fascistas
e tamén temos a jadis, que non o din todo
a altas horas da mañán
as trece horas da mañán
xente falando de solucións
a cada día distinta e definitva
e a min gústame ver os debuxos
mais non podo despegar os meus oídos
da tivi
que queres, meu tigre?
Que qué quero de ti
No hay comentarios:
Publicar un comentario