O tempo.
O tempo pasa
e destrúe
a vivos e mortos. Nin
é quen de escapar do seu propio paso.
A vida non existe;
cando a posúes se a conta atrás xa comezou?
Quen puidera parar o tempo e poder ter algo.
O tempo pasa e perdes .
Momentos…
que cambian e agora (ou despois, ou antes, que sei eu, o
tempo pasa, )
son recordos:
Miradas que esvaran e se perden en espellos
e uns beizos
buscando
camiño sobre corpos espidos
camiño que comezan as mans…
Fundirse
E os recordos
están cheos de vida que o tempo
lle arrinca.
cicatrices
No hay comentarios:
Publicar un comentario