Liberdade de nove bágoas,
non podemos atopar
moitos homes e moitas esperanzas
perdéronse no seu cantar.
Inxustizas a cotío
tivemos que aghoantar
a nosa Terra, que non esquece,
algún día ten que loitar.
Moito nos quitaron,
e nos privaron de soñar,
pero esta xente, que non esquece
as súas esperanzas cumprido fin terán.
Medramos tentando acadar o ceo,
nesta terra virxe de bágoas de fel
cólleme da man, pra xuntos botar a ascender,
na memoria dos que un día xuraron vencer.
A esperanza nas rúas medra,
a loita reside nos brazos dos bos;
paseando polo mundo un corazón de pedra,
Decátate, non loitamos sós.
E os brazos dos homes
perdéronse no seu cantar.
Inxustizas a cotío
tivemos que aghoantar
a nosa Terra, que non esquece,
algún día ten que loitar.
Moito nos quitaron,
e nos privaron de soñar,
pero esta xente, que non esquece
as súas esperanzas cumprido fin terán.
Medramos tentando acadar o ceo,
nesta terra virxe de bágoas de fel
cólleme da man, pra xuntos botar a ascender,
na memoria dos que un día xuraron vencer.
A esperanza nas rúas medra,
a loita reside nos brazos dos bos;
paseando polo mundo un corazón de pedra,
Decátate, non loitamos sós.
Chegados serán os menceres roxos
virán da man das noites en mármore esculpidas
aldraxes e inxustizas, cincel e martelo
polas meixelas fluirán,
lapas do inferno.
As mas loitarán baldeiras de armas,
dos beizos encarnados fluirá con xustiza
a voz e a palabra.
E os brazos dos homes
frotarán por enriba das armas das bestas
que din nacer sendo persoas,
e morren coa alma feita dos cans comesta.
Farase despois, xustiza, inexistente concepto
depurada cal ventre de reloxo suízo
non a de agora, ¡xustiza! vaia...
de limpo principio ferido
por mor do cobizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario