Cuartos embriaghados para
os camiñantes que fan camiño
paradas no camiño dos
desalentos
camiños que camiñan
os entes desgraciados
ou camiñantes que
camiñan pola puta realidade.
Lugares agochados sen
candeas que alumeen
nin poidan servirlle
de vida inerte as sombras que oscurecen
lugares sen selo pero
paradas que axudan
a darlle respiro aos
labradores de camiños
camiñantes que sofren
inxustizas a cotío
os entes que se fan
patróns do seu navío.
A vida, a merda desta
vida.
Conseghiremos ser,
cando atopemos os lugares.
Os lugares onde nos
topamos espidos
sen vernos ou tocarnos
vivirmos de impulsos,
en cadea os eléctricos
cuartos enteiros, sen
sermos humanos, impulsos das células
cando temos un
orghasmo.
Lugares que queremos,
che.
No hay comentarios:
Publicar un comentario