Néboa e vento no
lonxano pensamento
de soños, fervenzas;
de pesadelos, mares
solpores de vida na
noite feitas sombras.
Mence o día mais non
se escoita o silencio
tormentoso que
asulaga cada carreiro
paso a paso,
enfeitizado, camiño a camiño.
Os corazóns latexan
polas bágoas derramadas
dos fillos dos tronos
nas antigas marexadas
xa esquecidas,
agochadas e apresadas.
As nubes voan
salgadas, bébedas de auga doce
chove, chove…
Os paxaros bailaban o
que as pedras lle cantaban
que máis saben por
vellas…
O ar está cargado dos
prantos das bolboretas
batendo coas ás nas
ondas presas
enxugan as bágoas da
noite,
tenebrosa, soa e
triste
xa non ten estrelas
que a admiren.
A néboa e o vento
mantivéronnas agochadas
a luz e a esperanza,
ficaron senlleiras e lonxanas.
Eu seguiríate, pero non atopo o botón para seguirte xDDD
ResponderEliminarEu pásochos cando os suba e fóra
Eliminar