Magoada escoito a noite por ver
negra a túa sonrisa de
beizos roxos sangrando
vento que recolle
bágoas dos teus ollos ateigados
soños que foron
día;
noite,
que foron truncados.
As veas de tinta e arterias tintadas
son Recordo, que te acompaña
despois de vivo, fixen túa miña homenaxe
cortei as veas e derramei
as nosas imaxes.
Agora estou contigo nesta noite
a primeira.
Os mortos nin estrelas, nin almas somos
nin reinos temos, nin 70 vírxenes nos agardan
amor, o dos vivos, o teu.
Fannos inmortais, Recordo son e contigo vivo.
Molaría máis lelo cos ollos pechos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario