se tiras un pouco máis dos
brazos
se cadra consigas arrincarmos
se cadra consigues tirar tanto que
tamén quede sen ollos
ou sen tacto
se cadra o único que tires de min sexa
un pouco de
silencio e máis miradas perdidas
para rematar
se cadra,
se cadra
agora atópasme entre a miúda lencería e a pel
se cadra
na
punta
dalgún recordo
enxugando a choiva que alí estaba
inxerindo verdes cantidades de alcol
ser quizais
ou ser
un espectador
da túa luita
contra
o que mollOU o teu lombo vibrante
e morreU nos
beizos
e morreU
No hay comentarios:
Publicar un comentario