quero falar de partos
e quero
face-lo
mentres imaxino como sería arrastrar un meniño polo parque
mentres probo o sabor do líquido amniótico
que resta no cordón
umbilical
a
sangue
os
ósos sufrindo por non encaixar
no
novo entorno
social
(mudáronlle a vida)
e teño presente
nas mas
húmidas dilatacións que
fican no futuro
dezaoito anos
após
de alguén que o recorda coma un
suicidio
vital
non
-vida
cunha sinfonía de movementos
bucólicos
e trompetas
que berran tras unha parede
ollando os segundos estragados
nun
profiláctico estragado
mais
partícheslle as costelas
cando afogabas
no desexo
de perderte na
sala de operacións
daquel precipicio
si, aquela vida que seguiu
aquela que lle cuspes na boca
sería tan
fermoso
calar para sempre
?
http://www.youtube.com/watch?v=P0jsVXaLPas
música ambiente
para falar de partos
Este quedouche moi ben! Noraboa cocho
ResponderEliminar