domingo, 30 de diciembre de 2012

ou ho

queimado o
vento inminentemente
parece que hoxe vai ser
un deses días onde escoitar  pus xemer vai
lograr que remate berrando  máis puro pracer

bocexo férreo   
tirar as cancelas

e sen tremer espello
 espero perdo cores a cada pe porque quero quero quero quero e quero esquecer
                               ar e moito menos quero quero NON quero comba aparte
                       
chegar a certa idade
e seguir atándome os cordós
   sudaría todo o sangue se alguén por riba                     
ten que FACERME  un nó
sudaría todo o sangue polas veas ben abertas
e cheas de cobre
que cerren vén a caixa e a tiren ben alto ao fondo
a esquerda ben vermella ven escoitar como flúe e se desfai a pel beixando os
ósos

e se perde o pó
pequeno charco de vertixe presencial que se fai
ah si
mesmo 

No hay comentarios:

Publicar un comentario