partillaría o resto do
tempo
que me pertence
en perder as mans e a
sensibilidade
e o gusto
afogado na tinta que se perde baixo os pés baixo a escuridade moi
clara
aínda que parece lóxica artificial
aínda parece
oh
un leito
onde, onde, onde onde onde
deitarme deitarme, deitarme, coas
condensacións
de frustración
embriagadora musa que enreda
o seu falar
nos meus ollos que pechan
un leito para que o fume
condense
outra e outra palpable vez
de néboa gris
e se manteña
e siga arrincándome
-ándome
o tempo
calquer tempo o tempo calquer tempo é tempo
para que berre, dígolle que berre
o que á voz
non
lle pertence
só escollo!
un leito
un
para
violar e ser
violado
o tempo e agardar
só quero podo merezo teimo en ser maltratado
perderme e agocharme
nunha espiral de pedra
nun leito de pedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario