por
riba
baixo
este cheiro a mierda que berra
o interior do meu cor (SEN AR, SEN BR, SEN CR...)
po
menos
espido que cando esperto e atópome diante dunha parede BRANCA e inmóvil
e
sereo
odio
por chorar por levantar os cristais de 20x30 en forma de follas da noite
están
molladas
non parei de suar e de correr mentres
durmía
todos
o saben
porque
miran a distancia do meu estómago ao chan, fitando vizosamente
o
caer das pálpebras ao chan, en xeitoso
(TESME nun
rebumbio
enxuague bucal no que
espertan
DE día as marusías
sen deixar de pulsar o botón inútil, un botón inútil,
noite
a media
mañá
xa no
serán
o de aquí
o de penetrar na Lacrimosa
dun VELLO erguido sen
unha
lista da compra
e berrar eu berrar
dende
a praza
dende
un atril no medio da praza
que
carallo fai un atr
berrar
no medio da praza
kiwis,
naranxas, fresas
estaría
ben deitar o pescozo nas cervicais e fitar
ao
ceo
ceo ceo ceo ceo ceo ceo | oec oec oec oec oec oec oec
No hay comentarios:
Publicar un comentario