sen nada que perder
achégome
e
tomo un caramelo
é un bo instrumento para meterlle a chave na pechadura e
abrilo
arrIncarlle o motor
de súpeto
(des)coñézote
mais xogas
(corpo sobre cor
po liédrica/
debullando
o tempo)
peza a peza
o esqueleto de quen eu fora chora orfo
na esquina da praza sen coche
sen pel
nin ollos para escoitar
oídos que falar
ou boca que vexa
a punta a punta
recolléndome
encolléndome
nunha sinfonía de intestinos
xogando a estamparse no chan en menos dun segundo
collendo un segundo
para volver respirar
mais hai un bulto
negro que se desfai
afúndese e derrámase
polo interior
xogo con el
un
sen esquelete
nin coche
nin cores
No hay comentarios:
Publicar un comentario