paraugas que se perden nun arrecendo espontáneo
a humidade
ontoloxicamente
vinculada
coa tea protectora dunha cordilleira
que se presta a exterminar
toda chaira vivinte e monótona singularidade extrema
pacífica insurreción
de formigas e
pequenas centrais sindicais de abellas
moi
propensas
a explicar e tal e
dis
que estudas pero
bah
aquí alá
como estás?
imos indo
pois bue, nunca
choveu
din os vellos mongoleños de trinta anos como
esperanza de
vi
VI
(vi da...)
que nunca escampara
paraugas
dis
mais
tampouco estou dacordo coa túa silueta
moura
de vértebras insinuandome que non vai rematar
aquí todo
non
é especial
pero tampouco vou
falar diso
en especial
aínda que si, teño os pulmóns dun negro moi mermado
dispostos a reconquistar algo que ficou inerte e
moi líquido
entre ti e os meus dedos
entre a carencia e algunha que outra mierda poética moi fermosa
pero que non sei (d)escribir
bah
xa é moita hora
No hay comentarios:
Publicar un comentario