sábado, 26 de enero de 2013

caoba espero que sexa con be penso e ti tes unha camiseta que sobra e rebenta o tempo


en realidade estou moi pouco
encallado
                nos teus pómulos só quería achegarme
e queimarche
 as meniñas

coa pequena punta da lingua carbonizada
pola túa gorxa
desgarradora

e moi independente berra
                                          berra
                                  deixame respostar á túa pregunta


deixa que o pense mentres che profano o corpo
con pintura
e coas mas
e coas unllas rasgando cartas de
autoodio

e fabricando frases con pouca coherencia
que só soan ao roce de un todo co ar
que che bate e veña

bailemos
tiro
pum
lume estomacal que che fai andar sobre nubes
para nubes
a kinton

                            si/non e berzas agrias
agriaronme as berzas pero non te sentes aí
que non estou eu debaixo

enriba


atrás e perdido nunha fraga onde chove
e vexo chover
e hai arbores, moi poucos eu
ca li tros de viño doce
moito

e ti
ouhm, coma, pon outra coma e deixa que
respiren as frases

ah, si, arríncame a enerxía, que tes a cama moi ben feita oh si bonitas paredes
cor
caoba?

por que non me rebentas e deixas de falar de paredes, ah si, paredes, tiralas
vivir
ao fin
si; pode surxir e suxerir
veña, podemos comezar para rematar e poder voltar atoparnos
camiñando
si
quizais
lume

No hay comentarios:

Publicar un comentario