Expiro o fume dos pulmóns entre as esperanzas das ialmas que
morreron por medo a errar. Vexo que aí están prantadas en forma de arbre. Non
hai máis beleza, en ningunha decisión
acertada, que nas decisións que non se
tomaron . Pasaches noites enteiras soñando como podería ser que tomaras a decisión arriscada.
Que lugar máis fermoso pode ser agás que sexa o que teño aquí diante?. Non, sen
dúbida o é. É o lugar onde prantaches os soños, a raxeira asubia entre a seda
que teceron as ramas por riba da túa cabeza manténdote seguro, batendo o son do
sol na beira do río, camiño da túa vida, rematándoo nunha brillante fervenza de
escuma branca da que beben as frores. As
arbres seguen dando follas cando te acordas do pasado, non deixas apartado
lugar tan fermoso como este. Eu pasaba por aquí, dentro túa buscando coñecerte
para poder percorrerte por fóra, estepa a estepa, outeiro a outeiro. A pel
branca da túa neve enfriándome as maos cando che agarimo por diante e de costas
ás paredes que tremen ficando os teus ollos e escoitando os teus xemidos. As
sabas afogáronme nun mar que aínda non lle puxen nome mais ben sei que morrín
porque quixen encherme de pedras e deixarme levar pola túa corrente. Despertei
sen respirar.
Desculpade as faltas ortográficas. E dígocho como se o foras ler.
Por fin leo algo teu.
ResponderEliminarNon está nada mal, pero creo que quedaría mellor en verso (Así faise difícil de ler)
Puxéchesma dura co teu comentario ;D
EliminarDisfruto do galego, disfruto lendo esta entrada. Foi a que máis me gustou, ademais da primeira.
ResponderEliminarAínda sego esperando a túa carta, chegará?
Chegará, non o dubides. A orixinal non a atopei, pero será por imaxinación pra facer outra... !
Eliminar