Nas últimas vaguedades dun viaxeiro escoita os remorsos de
todos os camiños que recorreu, os cantos dos paxaros, as escombreras
derrumbando unha casa que se atopaba no medio dunha futura autovía, os choros
de familias desahuciadas, o son dun regato que remata nun río e este nun
encoro, o mar fero batendo contra as rochas, e algún que outro muíño de vento
que lle achega electricidade as familias da capital. O viaxeiro non ficaba no
que pasaba, tiña lido nos xornais que era necesario, era a crise. Polo que lía
nos xornais as cousas ían moi mal, a culpa… A culpa non sabía ben de quen era,
mais non poñía en dúbida que todos os recortes eran necesarios polo ben da
propia xente á que se lle recortaba. Aínda así doíalle ver a xente que botaban
á rúa, así e todo – pensaba- non creo que estas familias teñan a culpa. O da
autovía xa é outro caso, iso é bon para todos, é progreso –dixolle aos veciños
da aldea onde estaban a derrubar a casa-. Os veciños, que non eran parvos ( a
pesar de ser dunha aldea, do monte, lonxe, moi lonxe da “civilización”) dinlle:
Esas terras, velas? Eran nosas, onde nos as traballamos para sobrevivir, aquí
temos unha panadería a onde todos lle levamos a fariña para que nos fagha o
pan, temos unha carnicería onde todos lle levamos carne, temos o noso
ultramarinos onde deixamos cada un o que poidamos e o rapaz que está a estudar
na capital, axúdanos con algún que outro producto que aquí non podemos
fabricar. Agora, onde van pastar as nosas vacas?, de onde van sair os nosos
cultivos?. De aquí en 5 anos esta aldea pasará á memoria dos vellos que
quedemos. E para que? para que teñas máis facilidade chegar a unha
multinacional dunha vila a outra?. Para que se fabriquen máis coches e toda a contaminación
que consigo leva?. O viaxeiro non soupo que dicir, máis saben os vellos por
sabios que por demos, non?. O viaxeiro
foi aprendendo co tempo, canto máis viaxaba menos xornais lía e máis poesía. Antes
de ser viaxeiro, que non home, tiña unha vida cómoda e tranquila. Estudara unha
enxeñería, é o que ten saída –lle dicían-. Agora é un viaxeiro que se preocupa
pola historia, polos males do tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario